A Xunta apoia a mellora das instalacións deportivas e da eficiencia enerxética no Concello de Touro

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade de Fonte Díaz, onde foi recibida polo alcalde Ignacio Codesido, e a concelleira Adela Iglesias, para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas e do Fondo de Compensación Ambiental, que suman unha achega de case 61.000 euros 

Realizáronse obras de ampliación e reforma no pavillón polideportivo municipal e renovouse a carpintería exterior da Casa Consistorial.

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/72639/xunta-apoia-mellora-das-instalacions-deportivas-eficiencia-enerxetica-concello