Restrición nivel de risco máximo para Touro

O Concello de Touro fai un chamamento á responsabilidade individual dos veciños e veciñas. É preciso facer un esforzo conxunto para frear o incremento de contaxios no noso municipio.

Recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia.

Está en xogo a saúde dos veciños e veciñas de todo o Concello. Agora máis que nunca é urxente cumprir o distanciamento social, o uso de máscara e a limpeza e desinfección de mans.

Moitas grazas pola vosa colaboración

 

COIDÁDEVOS E COIDADE DOS QUE ESTÁN AO VOSO ARREDOR