O foro ‘Galicia en la España Vaciada’, organizado pola Cadena Ser, estará o 13 de novembro no pazo de Andeade, no #ConcellodeTouro

'Galicia en la España Vaciada', organizado pola Cadena Ser, celébrase o 13 de novembro do 2020, no pazo de Andeade en #Touro. Moderado por Ángeles Caso, o foro contará coa ponencia por parte do conselleiro de Medio Rural, José González, e será clausurado pola ministra de Traballo, Yolanda Díaz. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, tamén participará na inauguración do foro.

A continuación, unha mesa redonda baixo o título 'La vida en el rural como objetivo' no que coñeceremos a experencia da primeira aldea modelo de Galicia, a de Osmo. As aldeas modelo son unha iniciativa da Xunta para revitalizar zonas do rural despoboadas. No caso da de Osmo, especializáronse na exportación de Porco Celta, como contará Martín Touzeda, un dos impulsores, e propietario da empresa CienporCel.

O profesor da #USC, Edelmiro López, un dos principais expertos da economía do rural en #Galicia, será o encargado de pronunciar a ponencia '¿Cómo hemos llegado hasta aquí?'

Outra das mesas redondas abordará os déficits do rural. Nela participará, entre outros, Patricia Otero, de Levinred, unha empresa de cosméticos a base de viño. Unha mostra de inxenio para vivir do rural dunha forma diferente. O presidente da FEGAMP, Alberto Varela, e os alcaldes de Rois, Trazo e Dodro analizarán a realidade do municipio rural en Galicia.

Máis información: https://cadenaser.com/emisora/2020/11/03/radio_galicia/1604400700_523148.html