Máis de 900 raiñas capturadas nos traballos de prevención de velutinas no Concello de Touro

Os traballos de trampeo profesional de prevención de presencia de velutinas no Concello de Touro, que comenzaron o 3 de abril de 2020 a cargo da empresa Servicios Privados Antivelutina (Serpa), rexistran más de 900 raiñas fundadoras capturadas.

Concretamente as capturas a día 20 de abril de 2020 foron un total de 623 raiñas e as do 5 de maio, 323 raiñas. O total de raiñas fundadoras capturadas ata o de agora suma 946. Asimesmo a empresa encargada deixou o trampeo despregado para a seguinte quincena. No último trampeo e recollida foron capturadas máis de 600 obreiras.

Os traballos continuarán co conteo de capturas e reposición de atraíntes nas quincenas sucesivas. Estes traballos farán que baixe a presión das vespas velutinas nas zonas acotadas para alonxar a posible presencia de niños perto dos núcleos de poboación nas parroquias do Concello de Touro.