Primeira voluntaria (IVTM e Taxas)

Á Resolución de Presidencia 2020/ 10.346, de 23 de marzo, pola que se aproban medidas extraordinarias nos procedementos tramitados pola Área Tributaria, con ocasión do estado de alarma decretado con motivo do COVID-19 prevía que o inicio da primeira voluntaria (IVTM e Taxas) tería lugar despois do 30 de abril de 2020 e que as datas concretas fixaríanse no seu momento.

Informámoslle que nos vindeiros días aprobaranse as datas desta primeira voluntaria do 2020. Adelantámoslle que está previsto que a mesma comece o 4 de maio e remate o 1 de setembro, ampliándose en case dous meses o período voluntario de pagamento, a fin de facilitar ao contribuínte o cumprimento das súas obrigas tributarias nestes comentos complicados.

O cargo en conta dos recibos domiciliados terá lugar o 1 de xullo.

Os recibos poñeranse en circulación unha vez levantado o confinamento (data previsible o 9 de maio).

A atención realizarase principalmente a través de correo electrónico, na dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou chamando ao teléfono gratuíto 900 132 204.

Tamén poderanse facer xestión e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual) ou na Sede electrónica da Deputación (https://sede.dacoruna.gal). A atención presencial só poderá facerse mediante cita previa, que poderá obterse por vía telefónica, por correo electrónico ou na páxina web da Deputación.