A sede do Concello de Touro, aberta e a disposición dos/as veciños/as

O Concello de Touro quere lembrar aos veciños e veciñas que na súa sede (Rúa Isabel II, nº 26, Fonte Díaz) de luns a venres e das 10.00 ás 14.00 horas hai persoal á disposición de quen o precise para atender calquera asunto como, por exemplo, facer fotocopias, imprimir ou escanear documentos, utilizar a conexión de internet para completar trámites ou facer solicitudes...

Poden chamar tamén ao teléfono do Concello: 981504029