#CONVOSESTAMOSSEGUROS

- A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ven de convocar un concurso de debuxos para os escolares galegos.

- A finalidade é que poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan transmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil.

- A temática do concurso e completamente libre. O único requisito é que poñan o cancelo #ConVosEstamosSeguros

- Haberá categorías segundo o nivel educativo.

- Os premios é que o neno ou nena gañador poida facer xunto a toda súa clase unha visita guiada á Academia.

- Poderá presentarse unha obra por concursante en tamaño A4 e poderá ser realizada en calquera modalidade, con lápiz, tinta china, estilográfica, rotuladores, pinturas, ceras..

- O prazo de presentación dos debuxos remata o venres 17 de abril.

- Os debuxos poderán ser remitidos á Academia mediante unha foto do mesmo que se pode mandar por correo electrónico ao seguinte enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando o nome completo, o nivel educativo ao que pertence, así como o colexio ao que asiste.