25 persoas participaron no Curso de Poda e inxertos de froiteiras organizado polo Concello de Touro

Fonte Díaz. 10/03/2020. Vintecinco persoas participaron no curso de Poda e inxertos de froiteiras organizado polo Concello de Touro. Os asistentes aprenderon as técnicas de poda de inverno de froiteiras, como maceira ou pereira e froitas de óso, e tamén coñeceron as técnicas de inxerta. O curso celebrouse en Touro e foi impartido polo experto Manuel Calvo, de Tambre Formación. O curso foi eminentemente práctico. O pasado sábado, o alcalde, Ignacio Codesido, e a concelleira, Adela Iglesias, entregaron os diplomas que acreditan a asistencia e aproveitamento do curso. Os asistentes mostraron a súa satisfacción polo curso formativo organizado polo Concello de Touro.