Foro final do proxecto EuroVelo 3-Ruta dos Peregrinos

A EV3-PR, coñecida como Ruta dos Peregrinos , é un roteiro ciclista de longa distancia que une Trondhein (Noruega) con Santiago de Compostela.

Baixo o título Ciclismo e Turismo Cultural: a combinación perfecta, onte no Museo das Peregrinacións, os expertos internacionais compartiron as leccións aprendidas durante os 18 meses destinados ao desenrolo deste proxecto.

Polo que respecta ao seu trazado por Galicia, a Directora de Turismo, Nava Castro, destac ou a importancia deste roteiro ciclista cos seus últimos 196 km por terras galegas coa previsión da súa sinalización para finais de ano.

O concello de Touro acolle con ilusión este novo produto turístico e prepárase para responder as súas necesidades coa celebración das I Xornadas Camiño do Holandés Eurovelo 3 que terán lugar a mediados do mes de novembro.