Os máis pequenos de Touro desfrutaron da Festa do Neno

Fonte Díaz. 01/07/2019. Centos de nenos e nenas de todas a idades desfrutaron onte domingo en Touro da xa tradicional Festa do Neno. As nubes e algún orballo non evitaron que os máis pequenos e os seus país aproveitaran ao máximo a xornada de lecer. O Concello de Touro acolleu onte domingo, día 30 de xuño, a Festa do Neno. A xornada festiva comenzou ás 16.30 horas nos arredores da prazo do Luar, na zona de servizos onte tamén está ubicada a Casa da Cultura e as piscinas. Durante toda a tarde os nenos e nenas que ata alí se achegaron poideron xogar nos inchables. E tamén disfrutar do espectáculo do Mago Antón, que achegou a súa función no interior dun gran camión onde está instalado o esceario e as bancadas.

Tamén circulou un tren turístico. Os máis pequenos subíronse ao tren que cada pouco saía da praza de Luar e facía o percorrido de media hora polas zonas próximas a Fonte Díaz. A presencia de nenos, nenas e país prolongouse durante toda a tarde. O día nublado e fresco con algunha gota de chuvia que caeu, impediu que se poidera utilizar a piscina e os inchables alí instalados. Foi unha mágoa.

Dende un punto de vista festivo o Día do Neno inicia as celebracións que teñen a súa continuidade no verán, coa festa dos maiores, que tradicionalmente se celebra no mes de agosto. Nas próximas semanas poñeranse tamén en marcha as actividades estivais para os nenos e nenas de Touro. Para o próximo sábado día 6 de xullo está programada a V Xornada de Pesca Infantil. Poderán participar nenos e nenas de seis a doce anos. Será na Área Recreativa da Santaia dende ás 11.00 horas.