Eliminación da vespa velutina

Velaquí os resultados do denso traballo da empresa Serpa, encargada da eliminación da vespa velutina no noso concello.

Foron catalogadas 1.429 raíñas fundadoras de niños que xerarían 28.580.000 millóns de obreiras así como problemas apícolas, frutícolas e de seguridade cidadá.

Agradecemos a participación dos/as veciños/as de Touro que colaboraron intensamente, xunto coa empresa, en ter baixado o número de niños entre un 50% e un 70%.

Así mesmo, informamos de que ao longo do mes de xullo se dará unha charla de como xestionar unha colmea con velutina.

Adjuntos:
Descargar este archivo (eliminacion-de-vespa-velutina.pdf)Eliminación de vespa velutina.pdf[ ]1619 kB