O Concello de Touro presenta unha intensa programación para o tempo do Nadal

Fonte Díaz. 12/12/2018. O Concello de Touro xa ten lista unha intensa programación para o tempo do Nadal. Comenzará o próximo día 21 de decembro coa Gran Festa de Nadal. Será na Casa da Cultura a partir das 17.30 horas. Papá Noel será a estrela da tarde e o encargado de recibir as peticións dos nenos e nenas de Touro. A merenda de grandes e pequenos estará asegurada coa máquina de palomitas e os recordos do día serán elaborados nos distintos obradoiros. O día 22 de decembro, pola súa banda, está programado o Concerto de Nadal da Banda Xuvenil e da Banda de Música Isabel II de Touro. A formación musical ofrecerá un concertó ambientado no tempo de nadal na Casa de Cultura a partir das 18.00 horas. Nesta xornada tamén se entregarán os premios aos gañadores do Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’. E o 23 de decembro está programada a función de teatro, tamén na Casa de Cultura a partir as 17.30 horas, de ‘O lobo e a lúa’ de Baobab Teatro. Teatro para disfrutar en familia dunha peza teatral tenra, divertida e intrigante na que as persoaxes conviven a pesar das súas diferenzas.

Como todos os anos está previsto o Nadal Lúdico. Será o 26, 27 e 28 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro na biblioteca pública das 10.00 ás 13.30 horas. Os máis novos do Concello de Touro atopan aquí unha alternativa de lecer ocupando o seu tempo dunha maneira máis educativa. E os pais e nais poden tamén conciliar traballo e vida familiar. Os rapaces e rapazas de entre tres a 12 anos pasarán as súas mañás de vacacións entretidos de unha e mil maneiras.

A Feira y Festival de Reis chegará o 5 de xaneiro. A primeira feira do ano homenaxea a chegada dos Reis Magos ao Concello de Touro. O escenario, as rúas de Fonte Díaz. O horario, de 9.00 a 14.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, a cita será coas súas Maxestades o Reis de Oriente, que sairán da residencia Os Tercios cara o Belén Vivinte no Pavillón Deportivo, acompañados da Banda Isabel II de Touro e as súa Banda Xuvenil. Está previsto un festival de agasallos, actuacións musicais e moitas sorpresas máis. O Concello de Touro convida a veciños e veciñas e tamén a todos os interesados a colaborar na realización do Belén Vivinte así como a participar como figurantes.