Os veciños de Touro, de viaxe na Ribeira Sacra

Fonte Díaz. 21/09/2016. Un grupo de veciños e veciñas de Touro viaxaron o pasado 11 de setembro á Ribeira Sacra nunha viaxe programada polo Concello de Touro. Os excursionistas visitaron os cañóns do Sil e tamén degustaron nunha bodega da zona o viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O Concello de Touro ofrece ao longo do ano diferentes excursións tanto en territorio galego como do resto de España aos seus veciños e veciñas.