O Trofeo de F-8 Concello de Touro, para o EF Boqueixón en benxamíns e para o Burgo das Nacións en SD Cruces en alevíns

Loxo. (Touro). 13/06/2016.

O Trofeo de F-8 Concello de Touro disputado este fin de semana foi para o EF Boqueixón na categoría benxamín, que cumple a su séptima edición, e para o Burgo das Nacións na categoría alevín, na súa su octava edición. O campo de fútbol municipal de Loxo viviu durante todo o pasado sábado unha intensa xornada de deporte. No VIII Torneo F-8 Alevín Concello de Touro e no VII Torneo F-8 Benxamín Concello de Touro, organizado pola Sociedade Deportiva Touro, participaron unha dúcia de equipos e máis de 150 rapaces e rapazas.

A final da categoría benxamín disputáronna o equipo do EF Boqueixón e o Praíña. O resultado: 2-0. O terceiro posto foi para o Callobre FC, que venceu al Val do Ulla para facerse coa terceira praza. O trofeo a mellor xogador nesta categoría foi a mans de Alex Carreira Carrillo, do EF Boqueixón.

Pola súa banda, a final da categoría alevín disputouse entre Burgo das Nacións e Callobre CF. Gañou o equipo do Burgo das Nacións pola mínima (1-0). O terceiro posto logrouno a SD Touro, que gañou ao San Mamede na disputa pola terceira praza do torneo. Durante toda a xornada do sábado disputáronse encontros. A entrega de premios, arredor das 20.00 horas, estivo presidida polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, e pola concelleira de Deportes, Adela Iglesias, e por membros da directiva do SD Touro, co seu presidente ao frente.

No campeonato alevín participaron: SD Touro, Cruces, Val do Ulla, Callobre (A Estrada), San Mamede, Bertamiráns, Burgo das Nacións e Cire Melide. E no torneo de alevíns acudiron: SD Touro, Callobre, Val do Ulla, Boqueixón, Praíña e Silleda.