I CERTAMEN LITERARIO DE OTOÑO

I CERTAME LITERARIO DO OUTONO NAS MODALIDADES DE NARRATIVA E POESÍA

BASES

 

DESCARGA AS BASES EN PDF

 

Participantes e Modalidades

 

Poderán participar no concurso os xóvenes de 10 a 20 anos. Admitíndose unha soa obra por categoría  e autor. As modalidades serán narrativa e poesía.

Ø  Modalidade Narrativa.

-       Categoría A, de 10 a 14 anos.

-       Categoría B, de 15 a 20 anos.

Ø  Modalidade Poesía.

-       Categoría A, de 10 a 14 anos.

-       Categoría B, de 15 a 20 anos.

Tema

“O Magosto e as Ouriceiras en Touro”

Requisitos das obras

 

Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios sen mínimo. As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos. Presentaranse escritos a ordenador e a dobre espazo. Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego.

 

 

Presentación das obras

O prazo de entrega dos relatos e da obra poética rematará o día 15 de novembro de 2014. As obras entregaranse por duplicado, sen sinatura, cun lema e sinalando a  modalidade e categoría na que se participa, no concello ou no seguinte enderezo

 

Concello de Touro

I Certame Literario de Outono nas modalidades de Narrativa e Poesía

Fonte Díaz s/n

15822 Touro

A Coruña

 

En sobre pechado constará o lema que distinga o traballo, e no interior o nome e apelidos do autor/a, domicilio, teléfono, poboación, curso e categoría. Tamén deberán ir presentadas as obras en arquivo PDF e Word.

Premios

Establécese un premio de un lote de libros valorado en 100 € ou un ebook para a obra que resulte seleccionada polo Xurado dentro do apartado de poesía e outro lote de libros valorado en 100 € ou un ebook para a obra que resulte seleccionada polo Xurado dentro do apartado de narrativa. Un premio por cada Categoría.

Os autores premiados convócanse o acto de entrega de premios o día 22 de novembro, na inauguración da Casa da Cultura.

 

Fallo do Xurado

O xurado estará composto polo Concelleiro de Cultura e dous mestres de educación primaria e secundaria

O xurado designado polo Concello de Touro emitirá o 17 de novembro e farase público na páxina web do concello. O fallo será inapelable, podendo quedar algún premio deserto se o xurado así o estima pola baixa calidade das obras

Difusión e propiedade das obras


O Concello de Touro resérvase en exclusiva, o dereito de edición das obras premiadas durante o prazo máximo de doce meses, contados dende o momento do fallo. As obras non premiadas, non serán devoltas, sendo destruídas despois da proclamación de gañadores do I Certame Literario do Outono

 

As obras premiadas poderán ser publicadas na páxina web do Concello de Touro e este poderá facer uso delas co obxecto de fomentar o gusto pola lectura.


A participación neste certame implica o coñecemento e a total aceptación das presentes bases.