Homenaxe aos veciños que mantiveron vivo o Entroido dos Xenerais da Ulla

O Museo do Pobo Galego acolle o sábado, día 18 de xaneiro, un acto de homenaxe aos veciños que mantiveron vivo o Entroido dos Xenerais da Ulla

O Museo acollerá unha exposición fotográfica colectiva sobre o Entroido dos Xenerais do ulla, con imaxes cedidas por veciños, fotógrafos profesionais e entidades

A colaboración entre os concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces foi básica para que o Entroido da Ulla obtivese a declaración de Festa de Interese Turístico por parte da Xunta de Galicia no 2013