Touro celebra o Día das Letras Galegas cun concerto da Banda de Música Isabel II (13 de maio) e co Gran Xogo das Letras Galegas (16 de maio)

Fonte Díaz. 10/05/2017. O Concello de Touro celebra o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares, cun Concerto das Letras Galegas 2017 da Banda de Música Isabel II o próximo sábado, día 13 de maio, ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Touro. As celebracións continuarán o martes, 16 de maio, co Gran Xogo das Letras Galegas para nenos e nenas a partir de seis anos, actividade impartida por Eduvía na programación de Ler conta moito, e organizada polo Concello de Touro. A través dun divertido xogo por equipos, os participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas e os autores homenaxeados ata o momento ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano. Será ás 17.30 horas tamén na Casa da Cultura.