Gran Xogo das Letras Galegas

O pasado martes co motivo dos actos organizados para a celebración das Letras Galegas, tivo lugar en Touro, o Gran Xogo das Letras Galegas, impartido por Eduvia. A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñeceron algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas, e os autores homenaxeados ata o momento,ao tempo que descubriron interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares.

A actividade gustou moito e os/as asistentes marcharon encantados!