O Pleno do Concello, en data 12 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo:
"Primeiro.- A creación da Xunta de Goberno Local como órgano integrante da organización municipal e con tódalas competencias que lle son inherentes e que, no seu caso, lle sexan delegadas conforme á lexislación vixente.
Segundo.- A Xunta de Goberno Local estará integrada polo Alcalde e tres concelleiros nomeados polo mesmo, de acordo co establecido no artigo 23.1 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local. As competencias serán as establecidas legalmente para a Xunta de Goberno e aquelas que lle sexan delegadas polo Alcalde ou o Pleno.
Terceiro.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias tres veces ao mes, no horario e datas que determine o Alcalde. Así mesmo poderá celebrará as sesións extraordinarias que sexan convocadas polo señor Alcalde de conformidade co establecido na lexislación vixente.
Cuarto.- Publíquese no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa inmediata entrada en vigor desde a data en que se aprobe polo Pleno da Corporación.”
Pola Alcaldía, en data 22 de xullo de 2019, ditouse a resolución seguinte:
"RESOLUCIÓN
ASUNTO: NOMEAMENTOS DE ÓRGANOS E CARGOS DE GOBERNO, E DELEGACIÓNS.
EXPEDIENTE:2019/G003/000090
De conformidade co establecido na Lei 7/1985 e habéndose creado polo Pleno en data 12 de xullo de 2019 a Xunta de Goberno Local veño a RESOLVER:
Primeiro.- Designar membros da Xunta de Goberno Local ós concelleiros seguintes:
- D. Alfredo Souto Castelo.
- D. Jesús Martinez Pereira.
- Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.
Segundo.- En aplicación do establecido no artigo 46 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, designar tenentes de Alcalde ós seguintes membros da Xunta de Goberno Local:
- Primeiro Tenente de Alcalde: D. Alfredo Souto Castelo.
- Segundo Tenente de Alcalde: D. Jesús Martinez Pereira.
- Terceiro Tenente de Alcalde: Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.
Terceiro.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985:
a) A aprobación da oferta de emprego público, de acordo co presuposto e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, competencia incluída dentro de artigo 21.1,g).
b) Delegar, así mesmo, as competencias establecidas nos apartados j), o) e q) do mencionado artigo 21.1.
c) Delegar, ademais, o desenvolvemento da xestión económica e a disposición de gastos dentro dos límites da súa competencia, coa excepción da aprobación daqueles gastos que polas necesidades da xestión municipal non poidan demorarase a súa aprobación, execución ou contratación, por razón do funcionamento operativo dos servicios.
Cuarto.- Designar delegados da Alcaldía aos seguintes concelleiros nas materias que se relacionan a continuación:
- Delegado de obras servicios e urbanismo: D. Jesús Martínez Pereira.
- Delegado de servicios sociais, igualdade de xénero e familia: D. Alfredo Souto Castelo.
- Delegada de cultura, deportes, e educación: Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.
- Delegado de agricultura ,medio rural e medio ambiente: D. Manuel Puga García.
- Delegado de facenda e contas: Dª María Josefa Codesido Barreiro.
Quinto.- Publicar a presente resolución no Boletín Oficial da Provincia, se prexuizo da súa entrada en vigor dende a data da súa sinatura.
Mandouno e firma o señor Alcalde, D. Ignacio Codesido Barreiro, en Touro, na data da sinatura electrónica.”