Arredor de 100 sendeiristas, o fin de semana na ruta de 'Goza do Ulla' no Concello de Touro

Fonte Díaz. 28 de outubro de 2019. Arredor de 100 sendeiristas participaron o pasado sábado, día 26 de outubro, na ruta do programa Goza do Ulla Polos camiños do Ulla no Concello de Touro. Os sendeiristas concentránse ás 9.45 horas diante da sede do Concello de Touro para facer a ruta de 12 quilómetros denominada Roteiro unindo camiños 'De Novefontes a Souto do Barco pasando polo Pozo do Pego'. O tempo axudou. Non choveu e a temperatura era ideal. A senda percorreu a marxe dereita do Ulla para achegarse a lugares como a Fervenza do Infeniño, o Pozo do Pego, o núcleo tradicional de San Pedro de Ribeira, Ponte Remesquide e a área recreativa de Souto do Barco. Os participantes, xa no remate, comentaron o fermosa e deliciosa que foi a camiñada.