A ‘Música no Camiño do Holandés-Eurovelo’ amenizou e contaxiou de alegría á noite de Fonte Díaz, no Concello de Touro

‘A Pinguela de Bama’, Os da Porfía, As Nenas do Sapo Dourado e ‘Tanto Nos Ten’ protagonizaron un concerto que inundou de música o campo da festa de Fonte Díaz e que forma parte do programa ‘O teu Xacobeo’, impulsado pola Xunta

Fonte Díaz. 28/07/2019.- A ‘Musica no Camiño do Holandés-Eurovelo 2019’, que organizou o Concello de Touro e patrocinou a Administración autonómica a través do Xacobeo 2021, inundou a noite do sábado Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Centos de persoas disfrutaron da música dos catro grupo que participaron no primeiro festival 'Música no Camiño do Holandés-Eurovelo'. Novos e maiores, rapaces e non tan rapaces saborearon o son da música galega ata ven entrada a noitiña.

Polo campo da festa de Fonte Díaz pasaron os catro grupos que formaban o cartel do festival: A Pinguela de Bama, 0s da Porfía, As Nenas do Sapo Dourado e Tanto Nos Ten. Os catro grupos fixeron as delicias do público que ata alí se achegou disfrutarndo unha noite de verán algo fresquiña para o tempo no que estamos. O espazo contaba cunha carpa pero durante o concerto non caeu auga.

A 'Música no Camiño do Holandés-Eurovelo' forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. Polo Concello de Touro discorre o ‘Camiño do Holandés’, unha ruta que tradicionalmente utilizan os peregrinos en bicicleta procedentes do Norte e do Centro de Europa para chegar a Santiago de Compostela. Este festival trata de que a música sirva como ferramenta de construción de identidades e vehículo de conexión.

‘A Pinguela de Bama’ foi o grupo que abriu o festival ás 21.00 horas. A formación, procedente da parroquia de Bama, no Concello de Touro, desmostrou enriba do esenario como conserva, difunde e recupera a música popular galega transmitida de xeración en xeración. Foron moi aplaudidos.

Logo chegou a quenda do grupo ‘Os da Porfía’. Todos os seus compoñentes están ligados á nosa música e baile tradicional. En Touro, da man de 'Os da Porfía' houbo tres músicos, sete voces e moita festa. Non faltou a alegría da música que contaxiou a todos os presentes.

‘As Nenas do Sapo Dourado’ chegaron ao escenario de ‘Música no Camiño do Holandés-Eurovelo’ arredor das 23.00 horas. Este grupo de pandereteiras procede da parroquia de Loxo, no Concello de Bama. Amenizaron coas súas pandeiretas e aturuxos a noite de Fonte Díaz.

O grupo que pechau o festival foi ‘Tanto Nos Ten’. Fixeron gala da súa ‘música tradicional furtiva’. Eles defínense como “un grupo que emprega un repertorio e letras propias e do saber popular para interactuar coa xente e converter nunha festa cada unha das súas actuacións”. Foi un peche de ouro para 'Música no Camiño do Holandés-Eurovelo', un proxecto que nace como unha aposta polo recoñecemento, promoción e potenciación deste camiño para peregrinos en bicicleta. Pretende implicar a toda a poboación e xerar un sentimento de orgullo e pertenza cara aos valores da comunidade.