Galeuropa Val do Ulla

Os Concellos do Val do Ulla convocan unha nova edición do programa Galeuropa

Os Concellos do Val do Ulla -Touro, Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces- veñen de publicar a convocatoria dunha nova edición do programa de mobilidade xuvenil Galeuropa, dirixida á mocidade de entre 18 e 30 anos que ten como principal obxectivo reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ofrécense un total de 20 prazas; máis concretamente, as mobilidades ofertadas levarán ás persoas seleccionadas a Cork (Irlanda, con 4 prazas), Italia (Sicilia, con 8 prazas) e Malta (8 prazas). Ditas prácticas en empresas deberanse realizar entre o 30 de agosto e o 30 de novembro. Ademais das propias prácticas e o seu seguimento, o programa Galeuropa cubre a manutención, viaxe, seguro, aloxamentos e preparación lingüística das persoas mozas que participen.

O prazo establecido para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles a partires do día seguinte á publicación da convocatoria nas webs municipais dos catro Concellos. As bases completas e a instancia a cubrir pódense consultar e descargar en www.concellodetouro.gal

As persoas aspirantes ao programa Galeuropa 2019 terán que presentar por Rexistro de Entrada no Concello de Boqueixón a instancia (ficha de inscrición coa documentación requirida adxunta: copia do DNI, certificado de garantía xuvenil, currículo europeo en galego e en inglés e se é o caso xustificante de ser vítima de violencia de xénero, persoa con discapacidade ou persoa en risco de exclusión social), ou por calquera das formas previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, (neste caso os/as aspirantes deberán comunicalo mediante e-mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias).

Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto a través do e-mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou dos teléfonos 981 814 566, 981 513 115, 986 582 017 ou 669 450 801.

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases completas, o extracto, así como descargar a instancia que se deberá presentar xunto coa documentación no Rexistro do Concello de Boqueixón.