Touro celebrou o Día das Letras Galegas cun concerto da Banda de Música Isabel II

Fonte Díaz. 16/05/2019. O Concello de Touro celebrou o Días das Letras Galegas, este ano adicado a Antón Fraguas, cun concerto da Banda de Música Isabel II de Touro na Casa da Cultura. Foi a tarde do pasado domingo, día 12 de maio. A Banda de Música Isabel II de Touro, ante un auditorio cheo de xente que se achegou ata a Casa de Cultura para disfrutar da música, interpretou un repertorio con temas galegos e rematou o concerto co Himno Galego. O concerto tamén serviu para presentar a tres novos integrantes da Banda de Música Isabel II de Touro: María, Martín e Adara. O estreo dos tres novos compoñentes estivo cheo de felicitacións e aplausos. O Concello de Touro deséxalle un Feliz Día das Letras Galegas 2019 a todos os seus veciños e veciñas.

Fotos: Ana Mary.