Sinatura do convenio da Rede Cultural entre o Concello de Touro e a Deputación da Coruña

Co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas, a Deputación da Coruña convoca outro ano máis este programa de espectáculos para que os concellos poidan ter unha programación cada ano máis consolidada.

Grazas a isto en Touro contaremos con numerosas actuacións e actividades ao longo do 2019.