Desfile entroidos tradicionais

Este sábado día 8 celébrase en Santiago de Compostela o desfile de entroidos tradicionais declarados Festa de Interese Turístico con máis de 400 representantes procedentes de: Xinzo de Limia, Verín, Laza, Viana do Bolo, Manzaneda, Maceda, Vilariño de Conso, Cobres e os Xenerais do Ulla. Este ano tamén participarán como invitados, os Volantes de Chantada, as Bonitas de Sande (Cartelle), os Vellaróns de Riós e os Vergalleiros de Sarreaus.

O desfile sairá as 12.45 horas dende a praza do Obradoiro, e percorrerá o casco vello pasando polas rúas de: Fonseca e do Vilar, Praza e Cantón do Toural, rúas Nova e de Xelmirez, Cinco Rúas, Rúa do Preguntoiro, Praza de Cervantes, Rúa da Acibechería e Praza da Inmaculada, para chegar de novo a Praza do Obradoiro.

Dende as 10.30 horas o Obradoiro contará con Dj Mil, ambientando a espera cunha mestura de música tradicional galega con novos sons.