Teatro, contacontos, maxia, obradoiros, ‘Tardes divertidas’, X Feira da Castaña e Xornadas Micolóxicas centran a programación cultural e de lecer do outono en Touro

O Concello de Touro presenta unha intensa programación cultural e de lecer para o outono. Haberá obradoiros, teatro, contacontos, maxia, concertos, camiñadas e as citas xa tradicionais da X Feira da Castaña e as Xornadas Micolóxicas. As concelleiras de Cultura e Educación, María Victoria Pazos; e de Deportes, Adela Iglesias, lembran que con esta programación pretenden “dar unha alternativa lúdica e formativa de tempo de lecer orientadas a todas a idades”. Tamén lembran que están abertas a suxestións para “poder cubrir as demandas de veciños e veciñas”.

Unha das primeiras actividadades está programada para o mércores 10 de outubro. É o ‘Obradoiro de deseño de bolsas de lectura para grandes lectores’. Empregaránse distintos materiais e os nenos e nenas a partir dos 6 años poderán darlle renda solta á imaxinación. Os interesados teñen que anotarse antes do 8 de outubro.

Para o mércores 17 de outubro está previsto o contacontos Raposadas de Raquel Queizás, un espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques. Está aberto a todo tipo de público. Será na Casa da Cultura, das 17.30 ás 18.15 horas.

Tamén impartirase un obradoiro de Xabón Artesán e Cosmética Natural. Será o terceiro sábado de cada mes das 10.30 ás 12.30 horas. Esta actividades, dirixida a todas as idades, ten como fin prioritario ensinar e aproveitar os recursos naturais que temos a mán para facer productos de consumo diario.

Un ano máis voltan as ‘Tardes divertidas’. Será dende o 24 de outubro ata fin de curso e en horario de 16.30 a 18.30 horas. Para nenos de catro a 12 anos. É o mellor plan para pasar a tardes: cine, actividades, creacións artísticas, animación á lectura e xogos. O contacontos teatral Avós de Trinketrinke está previsto para o 26 de outubro. O ciclo da vida e o respecto debido aos máis vellos son os dous temas tratados neste espectáculo. Na Casa da Cultura das 17.30 ás 18.15 horas.

É o turno do ‘Goza do Ulla’ no Concello de Touro. A camiñada será o sábado 27 de outubro. Os interesados farán o roteiro PRG-233 ‘Unindo camiños a través do Ulla-Fervenza de Santa Marta (Hortas)/Desembocadura do Lañas no Ulla, para continuar pola PRG-121 ata Ponte Basebe. Ao remate farase unha visita para ver o petroglifo de Pena Furada e o Pazo de Andeade.

O domingo día 28 de outubro a Casa da Cultura acollerá a obra teatral Puño Puñete de Baobab Teatro. Será ás 17.30 horas. É un espectáculo para os máis pequenos de música en directo, cantigas, contos e tradición oral. E o martes 31 está previsto un obradoiro sobre Samaín. Será, a partir das 17.00 horas, unha gran festa con obradoiros de samaín, maquillaxe, disco móvil, gran desfile de quitamedos e chocolatada resucitadora. Ás 20.00 horas haberá desfile polas rúas de Fonte Díaz.

 

Productos de outono

A exaltación dos productos do outono será do 31 de outubro ata o 5 de novembro. Será unha homenaxe aos sabores do outono: cabazas, figos, cogomelos e a castaña. A primeira semana de novembro, a capital do Concello de Touro, Fonte Díaz, levará adiante a súa particular celebración do outono con roteiros micolóxicos, charlas, concursos e degustacións. O sábado 3 de novembro e o domingo 4 están programadas as XIV Xornadas Micolóxicas para dar a coñecer este recurso tan prezado. Os interesados poden inscribirse nos servizos de Desenvolvemento Local ata o 26 de outubro.

A X Feira da Castaña será o 5 de novembro, unha xornada para impregnarse das cores e sabores do outono. Como cada ano, o Concello de Touro rende homenaxe a un dos seus productos estrela, a castaña. Tres cuadrillas de cazadores e os hostaleiros de Touro colaboran para ofrecer menús elaborados coa caza e productos típicos deste tempo, os ingredientes principais serán os productos da estación. A Feira será pola mañán en Fonte Díaz, onde tamén se celebra a tradicional feira do día 5.

O obradoiro de cestería tamén ten lugar no outono. Será todos os mércores a partir do 7 de novembro. O domingo 11 de novembro continuará o Teatro. Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato inspirado no ‘Parrulo feo’ de Hans Cristhian Andersen. Para nenos de tres anos e familias. A partir das 17.30 horas na Casa da Cultura.

O venres 16 de novembro está programada unha saída ao Balneario de Cuntis para disfrutar dun circuito lúdico-termal de duas horas de duración. E o domingo día 18 celebrarase o concertó de Santa Icía, protagonizado pola Banda de Música Isabel II de Touro.

Antes de que chegue a programación de Nadal, os veciños e veciñas de Touro poden disfrutar da obra teatral Iriña Bailarina de Ghazafelhos na Casa de Cultura ás 17.30 horas e da maxia: Lafayette Show de Cayetano Lledó, un espectáculo de maxia con comedia e humor que combina o ilusionismo con teatro, danza, hipnose e mentalismo. Na Casa da Cultura a partir ás 17.30 horas.